Míriam Bermúdez insiste en habilitar aseos públicos en Viveiro, máxime en época estival

O pasado 8 de xullo, o Concello de Viveiro a través das redes sociais facía saber que: «Abriranse os aseos do Templete da Música, para que poidan ser utilizados por persoas con mobilidade reducida. Estes servizos estarán habilitados dende hoxe, venres 8, e ata o domingo 10 de xullo.» Tendo en conta que dende agosto de 2021 existe unha moción do BNG aprobada cuxos puntos do acordo eran:

  • Desenvolver o proceso necesario para licitar o uso do local situado no baixo desta instalación.
  • Reabrir e pór a disposición da veciñanza os baños situados baixo o templete da música adaptándoos á normativa actual en canto a accesibilidade e servizos como un cambiador de cueiros.

E que en maio deste ano 2022 aprobabase tamén a moción do BNG para a habilitación de aseos públicos no Templete, San Roque e eventos multitudinarios cos seguintes ACORDOS:

  • Que se executen os trámites necesarios en relación co acordo aprobado para reabrir e pór a disposición da veciñanza os baños das instalacións do Templete da Música.
  • Cooperar coa comunidade de montes de San Roque para que os baños que existen nas inmediacións do parque permanezcan abertos.
  •  Incluír no orzamento de 2023 unha partida que permita a contratación do reforzo de aseos sanitarios durante a celebración de festas, eventos multitudinarios e tamén durante o período estival.
  • Prever na medida do posible que as instalacións mencionadas estean adaptadas á normativa actual en canto accesibilidade e servizos, así como que dispoñan de máquinas expendedoras con material de hixiene persoal nos aseos.

Dende o BNG Viveiro rogan á alcaldía que informe e se explique sobre:

  • Os trámites que se levaron a cabo para abrir os baños do Templete da Música durante a Feira Renancestista, e de porqué non permanecen abertos o resto do ano.
  • Dos trámites que poidan ter desenvolto para abrir os baños de San Roque.
  • Dos motivos para non prever de aseos durante as festas de Celeiro, entre outras.
  • Da previsión de instalación de asesos durante o mes de agosto no que existen múltiples eventos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.