O Alcalde influencer. Por Carlos Armada, voceiro Máis Porriño

Se seguides a páxina oficial do alcalde do Porriño veredes que vai de festa en festa en O Porriño, sen dúbida ofrecendo o mesmo que o César de Roma, pan e circo.
Eu considero que é un bó home, que se pode dialogar con el, mais tamén creo que entrou nunha vorágine na que parece máis un influencer que que un político serio.
Intentar imitar o modelo “Abel Caballero” e perigoso, o “señor” de Vigo é un personaxe imposible, pasou de ser un político aburrido e do montón, a ser o faime rir de muitos, pero que a él lle funciona, porque en Vigo a xente querelle.
Eu non digo que para ser alcalde, ou mesmo para ser político, teñas que ser unha persoa aburrida e tosca, pero creo que dentro de unha certa simpatía pódese tamén ser unha persoa seria. O Alcalde do Porriño prometeu moitas cousas que a xente queria oír, que levaba anos reclamando, pero das que aínda non se cumpliu ningunha. Para estas próximas eleccions municipais lle vai a valer, seguramente gañará e será o próximo alcalde do Porriño, pero nos seguintes catro anos será cuando pase a proba do algodón, aínda que non creo que dentro de catro anos se volva a presentar, a sua carreira política o levará a Santiago de Compostela
Nos, en Máis Porriño, nos conformamos con entrar con un ou dous concelleiros, porque creemos que desde unha oposición construtiva poderemos axudar a construir un Porriño mellor, e creemos firmemente que o noso traballo en eses catro anos será valorado e nas municipais do 2027 poderemos sair a gañar
Gañar para facer do Porriño unha cidade referencia en Galiza e tamén en España, unha cidade dialogante e na que sexa un privilexio vivir Mentras ese momento chega no Porriño temos que conformarnos co alcalde influencer do PP, ese que festa a festa quere competir con Abel Caballero