O Aquamusicfest converterá a Cerceda na capital da música electrónica

O alcalde de Cerceda, Juan Manuel Rodríguez, asegura que o evento completa unha programación festiva no verán que atraeu xa a milleiros de persoas e que ten un importante impacto económico no Concello

O Concello de Cerceda acollerá o vindeiro sábado 27 de agosto a a primera edición do Festival Aquamusicfest, con máis de 12 horas de música nunha contorna natural inigualable, no Acuapark ubicado no polígono do Acevedo. A cita musical, será de balde e contará con varios Djs de talla internacional.

Destaca a presencia de Mastachi, Groove Amigos, Elías Valdez, Traffic House, Toni Seijas, Dreamdancers, Kike Varela, Diego Mariño, David Bermúdez, Rokiño, e Rafa Astray.

A organización pon a disposición das persoas interesadas transporte en autobús de ida e volta e xa están a venda na plataforma Tomaticket.

Desde A Coruña haberá un servizo  (15.00 horas, 16.00 e 17.00) na Fonte de Castro Camiños. Outra das rutas previstas comezará na Coruña ás 14:45 horas (Casa da agua), 15:05 Arteixo(oficina de turismo), 15:25 Laracha( Casa do Concello), 15:45 h Carballo( parking Gadis centro comercial Bergantiños), Cerceda.

Na Costa da Morte, haberá un transporte desde CEE ( 14:40 horas) e pasará por Dumbría , Vimianzo , Baio, Ponteceso, Buño, Carballo, A Silva e Cerceda.

E desde Santiago haberá dous rutas. Unha desde a Estación de tren (14:30 h), e que pasará por Bertamirans , Negreira, A Baña, Santa Comba, a Silva e Cerceda. E a segunda ruta, que pasará pola Estación de tren, Sigueiro, Ordes, Mesón do Vento ata chegar a Cerceda.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.