O BNG da Fonsagrada demanda o adecuado arranxo da estrada provincial A Fonsagrada-Ribeira de Piquín

 O recente “amaño” por parte da Deputación só pode ser cualificada de chapuza

As recentes obras LU-P-1906 que une os núcleos de Pedrafitelas (A Fonsagrada) cos Cangos (Ribeira de Piquín) que a Deputación de Lugo vén de acometer son boa mostra da falta de planificación na xestión dos recursos públicos por parte da área de Xestión Territorial. A suposta mellora acometida pola Deputación presenta múltiples deficiencias limitándose en realidade a un mero lavado de cara. Nunha estrada de montaña como esta que sofre os rigores do inverno na próxima primavera volverá estar igual de intransitábel. Ademais por causa do “arranxo” nalgúns puntos perdeu parte da pouca anchura que tiña. Por outra parte a estrada segue carecendo de quitamedos en numerosos lugares nos que son necesarios para garantir a seguranza. A actuación da área de Xestión Territorial da Deputación só pode ser cualificada de chapuza e de falta de respecto ás veciñas e aos veciños que usan esta estrada.

Ademais de ser nexo de unión entre A Fonsagrada e Ribeira de Piquín, dando acceso a varios núcleos de poboación, esta estrada permite a comunicación da Fonsagrada coas comarcas de Meira e a Terra Cha.

O BNG da Fonsagrada demanda da Deputación Provincial a necesaria rigorosidade na planificación do mantemento e mellora da rede viaria provincial. Mais alá dos anuncios cun fin propagandísticos cómpre que a área de Xestión Territorial planifique con seriedade a mellora da estrada LU-P-1906, unha obra que esixe un arranxo integral, esta debe incluír o firme e non limitarse a meros parches, para poñela á altura do século XXI.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.