O BNG de Monterroso pide que o goberno do concello mellore os accesos as aldeas así como a mellora do entorno da área da Peneda.

O Bloque Nacionalista en Monterroso ven de observar que durante o verán, o complexo da Peneda, sofre un desleixo total por parte do goberno municipal, ademáis da apertura das piscinas de forma intermitente o entorno, no pico alto de visitantes é moi mellorable.

Brais Vázquez pregunta «se temos unhas piscinas e so se poden usar uns poucos dias no verán e non de forma continuada, cando imos usalas á veciñanza?».

Ademáis de ser xullo e agosto os meses onde máis visitantes se reciben no concello a imaxe que se da e a de unha vila con un coidado do seu entorno pésimo. Tamén nas zonas verdes e no Auditorio de A Cúpula se observa un grave deterioro que demostra certa inoperancia e deixadez por parte do gobierno local.

Tamén a veciñanza se queixa do desleixo co que o goberno municipal tratas as parroquias deste concello: o Marzán, Pol, Esporiz e Sambreixo, son algúns exemplos de aldeas onde os seus accesos se atopan en mal estado.

«Unha vez máis, o Goberno Municipal esquécese das aldeas, como ven sendo tónica habitual«

O BNG pide unha mellor xestión por parte do executivo local e un cambio de rumbo.

«A xestión debe estar basada no sentido común e na priorización do básico e nos piares da vida dos veciños e non na improvisación

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.