O BNG recolle sinaturas, na feira de Parga en Guitiriz, para frear a supresión de paradas de autobús.

O Bloque Nacionalista Galego puxo en marcha unha recollida de sinaturas en tódalas localidades afectadas pola supresión de paradas de autobús que o Ministerio de Transportes pretende aprobar na nova Lei de Mobilidade Sostible. O BNG achegouse á na feira de Parga para compartir coa veciñanza as propostas ante a supresión destas paradas e como o plan imposto polo goberno do estado afecta a Guitiriz.
O portavoz do BNG en Guitiriz, Xosé Lois Gónzalez Souto, afirmou que “non podemos permitir que nos quiten máis servizos, despois do recorte na calidade e na cantidade de conexións en tren chega a eliminación do transporte en autobús” e engadiu “non podemos deixar que o rural fique sen servizos, temos dereito a vivir, traballar e movernos polo noso país, temos dereito a ter uns servizos públicos que nos permitan movernos sen problemas” No caso de Lugo, o plan de Mobilidade do estado suprime as paradas de Pedrafita, As Nogais, Baralla, O Corgo, Guitiriz, Palas de Rei e Monterroso. A campaña de recollida de sinaturas do BNG desenvolverase tamén nos locais comerciais de Parga e Guitiriz onde se chamara á veciñanza a que mostre o seu rexeitamento a esta supresión de paradas