O carballés Xesús Deus Gende convírtese no portavoz autonómico de M+J Galicia

O secretario local e voceiro da formación municipalista Xuntos Carballo por un mundo máis xusto, Xesús Deus Gende foi nomeado voceiro autonómico da coordinadora Galega de M+J Galicia

No máximo órgano galego está  tamén como signataria a madrileña afincada en Carballo Nieves Sánchez Calle, inxeñeira agrónoma de profesión e así mesmo responsable de medio rural e ambiente da formación carballesa.

A coordinadora é Noelia Alonso Domínguez de Vilagarcía de Arousa, nada en Ourense. O partido político Por un Mundo Más Justo de implantación nacional leva 18 anos loitando contra a pobreza, a exclusión social, na defensa dos máis desfavorecidos, a o carón dos autónomos, dos comerciantes, das pequenas e medianas empresas e inmerso sempre  en diversas causas sociais.

«Estou moi agradecido a todos/as os compañeiros/as que tiveron a ben depositar a súa confianza en min,para ser a imaxe galega dunha opción política de carácter humanista, nun mundo cheo de desigualdades. Parece que os valores quedan nun segundo plano cando se trata de poder e cartos. Nós somos unha opción política aberta a toda a cidadanía, onde as bandeiras ou o continuo enfrontamento entre distintas forzas politicas está fora da nosa maneira de entender o mundo no que vivimos. A dor en calquera lugar do planeta e o mesmo, por iso nos consideramos internacionalistas, onde o ben común, a solidariedade e os dereitos humanos sexan respectados independentemente da orixe, a cor de pel, a orientación sexual, a relixión ou a fala en que te espreses. Entendemos que o diálogo e fundamental porque detrás de calquera sigla ahí uns e unhas votantes que teñen que ser escoitados,sempre e cando ninguén semente odio, xenofobia, homofobia ou calquera tipo de discriminación, intolerancia ou menosprezo, por alguén ou por algo. Os nosos valores rigor, respecto e fraternidade son a nosa identidade, e polo tanto vimos para escoitar, aportar, chegar a acordos dende o consenso e non dende o enfrontamento, máis esta opción política vai loitar  contra as inxustizas ou todo aquelo que consideremos que vaia contra a cidadanía ou os seus dereitos. Síntome moi orgulloso do cargo que se me encomendou, e de levar o nome de Carballo alá por onde vaia, así coma que a sede de M+J Galicia estea na nosa vila», sinala o xá voceiro autonómico Xesús Deus Gende.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.