O Concello de Oleiros acolle a exposición “La flota pesquera del Golfo Ártabro Sur”

Ata o domingo 14, a exposición itinerante “La flota
pesquera del Golfo Ártabro Sur” estará aberta no Centro Cívico A Fábrica (Perillo)
do Concello de Oleiros en horario de 08.00 a 14.00h. Esta é a segunda parada tras
a inauguración e estadía en Sada na segunda quincena de xullo.

A través dos quince paneis pode facerse un percorrido pola evolución da frota deste
territorio, desde os barcos do día aos do arrastre de altura, as artes de pesca que
empregan, ou as especies máis habituais entre as capturas. Tamén se reservou un
espazo para dar a coñecer polo miúdo o intenso traballo que realizan a diario as
catro confrarías do territorio: A Coruña, Lorbé, Mera e Sada.

Na sala da exposicion, tamén se poden ver apeiros habituais do traballo no mar como varios tipos de nasas, cabos ou redes empregadas na pesca de baixura. A exposición “La flota pesquera del Golfo Ártabro Sur” está promovida polo GALP
Golfo Ártabro Sur, coa colaboracion das 4 confrarías da zona (A Coruña, Lorbé,
Mera e Sada) e as OPP con base no territorio: ACERGA, a Organización de
Productores de Pesca Fresca del Puerto de A Coruña e a de Armadores de Pesca de
Galicia (Arpega).

Dúas paradas máis
A seguinte parada da exposición será o Centro Cívico de Arteixo entre o 16-28/08
(mañás) e o mercado da praza de Lugo na Coruña, do 29 de agosto ao 12 de
setembro.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.