A Deputación mellorará a accesibilidade en Villarrodís a través do Plan Único

A actuación acometerase na avenida Manuel Platas Varela, que agora non conta con itinerarios peonís accesibles e que, na zona da estación de servizo, carece destes e tamén de pasos de peóns

A Deputación da Coruña destina, a través do Plan Único, 292.361 euros para financiar o proxecto novos, a instalación de mobiliario urbano e a reintegración ambiental do percorrido de mellora da accesiblidade e seguridade viaria no núcleo de Villarrodís, no concello de Arteixo.

A actuación, que conta cun orzamento total de 308.085,43 euros dos que a Deputación aporta 292.361 euros e o Concello a parte restante, 15.724 euros, acometerase na avenida Manuel Platas Varela e permitirá resolver as eivas que presenta agora mesmo esta zona en canto a accesibilidade se refire, con itinerarios peonís non accesibles por ser insuficiente o ancho das beirarrúas ou pola existencia de desniveis. Ademais, na súa marxe esquerda, na contorna da estación de servicio, non hai ningún itinerario peonil nin pasos de peóns.

Os traballos a levar a cabo incluirán o ensanchamento das beirarrúas, reducindo a zona destinada ao tránsito de vehículos, e a redistribución do espazo dispoñible. Ademais, modificaranse os pasos de peóns existentes e crearanse dous novos na marxe esquerda da estación de servizo.

A obra atópase en proceso de licitación pública no perfil do contratante do Concello de Arteixo e o prazo de presentación de ofertas finaliza mañá, mércores 17 de agosto.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.