O Encontro Galego contra a OTAN rexeita o uso por parte de buques da Alianza Atlántica do arsenal de Ferrol

O pasado cumio que se celebrou en Madrid os días 28 e 29 de Xuño da OTAN
veu a rectificar o compromiso dos estados membros co aumento do gasto
militar e a venda de armas, o servilismo e a subordinación dos intereses da
maioría traballadora aos intereses imperialistas dos EE. UU, o avance do perigo
de destrución nuclear mundial e o retroceso das ferramentas civís en cuestións
como a migración, que a partir de agora será a mesma tratada como “ameaza
híbrida”.
Neste sentido, o uso das instalacións militares por parte da Alianza Atlántica
en Ferrol segue sendo a tónica xeral á que nos somete o Goberno Español, por
moi progresista que se defina. A Armada na devandita cidade está a poñer a
punto un peirao para que calqueira buque da OTAN poida utilizar as bases
navais do Estado español como centrais de operacións para misións de guerra
e agresións alleas aos intereses do noso pobo, e convertindo as localidades
onde están ubicadas en obxetivos militares, feito que supón a total perda de
autonomía para o país.
Por todo iso, desde o Encontro Galego contra a OTAN, en primeiro lugar,
queremos denunciar a obediencia do Réxime do 78 co imperialismo ianqui –
europeo e as consecuencias que a mesma provoca sobre a clase obreira e as
capas populares galegas, e en segundo lugar, rexeitar as reformas, rendendo
pleitesía á Alianza Atlántica, que pretende emprender a Mariña en Ferrol,
apuntando a esta zona como un enclave bélico.
Xa por último, e non menos importante, seguimos apelando á maior
unidade posible das organizacións, asociacións e persoas a título individual
antiimperialistas a coordinarse na Galiza a través do noso Encontro, p

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.