O fillo do presidente da República Arxentina, Raúl Alfonsín, protagonista este sábado de “Facendo as Américas”

O afamado científico Drauzzio Varella, a actriz Esther Goris, os empresarios Julio Ríos ou Juan Salgado serán algúns dos entrevistados desta segunda tempada de «Facendo as Américas» que se emite os sábados, ás 17.45 horas, na TVG

Ricardo Alfonsín, fillo do inesquecible  presidente da República Arxentina, Raúl Alfonsín, e actual Embaixador da Arxentina en España, protagoniza este sábado unha nova entrega de «Facendo as Américas». Un programa que xurde para dar a coñecer a  personaxes galegos ou con raíces galegas que un día decidiron emprender unha nova vida e probar sorte emigrando a Latinoamérica.

Ricardo Luis Alfonsín é un avogado, mestre e político arxentino que desde agosto de 2020 exerce como embaixador arxentino en España.​ Simultáneamente é embaixador arxentino en Andorra. Coñeceremos a historia familiar e o día a día dun home san e transparente cheo de equilibrio, calma, intelixencia, xenerosidade e bo humor. Se cadra, o máis galegos dos diplomáticos foráneos acreditados no noso chan patrio.

Conducido pola actriz e presentadora Estíbaliz Veiga, «Facendo as Américas» presenta a eses galegos que arriscaron todo canto tiñan para buscar o éxito alén das súas fronteiras.

Cun ton amable no que predomina o rigor, os datos, o sentimento, a emotividade e tamén o bo humor, narrarase a través das entrevistas a importantes persoeiros galegos ou os seus descendentes, as circunstancias, dificultades, superacións e anécdotas que a emigración provoco nas súas vidas así como a pegada que imprimiron nos seus respectivos países de adopción.

A intención principal é entreter divulgando a historia e a dos compatriotas, os galegos que se foron, ou os seus descendentes, e ficaron alén do Atlántico pero que, por suposto, nunca esqueceron a súa orixe.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.