O PP de Pol denuncia a mala conducta do alcalde ante os seus propios veciños

Desde o PP de Pol denúnciase unha vez máis as malas actitudes e conductas por parte do alcalde aos propios veciños do municipio. Comportamentos que “son inadmisibles e están danando a imaxe do concello” aseguran os populares.

O pasado 1 de agosto unha parella nun bar preguntoulle cal era o o protocolo ante un can abandonado que había na praza en Mosteiro. A súa resposta foi decir que non era a súa competencia e pasar absolutamente dun problema que cada vez é máis común no municipio.

Actitud reiterativa

Para o grupo municipal popular “é inadmisible que o alcalde volva a recurrir a accións indeseables para resolver problemas”. Os populares refírense ao altercado entre o alcalde e un aficionado do Portomarín nun partido de fútbol, onde houbo agresións violentas por parte do edil.

Desde o PP de Pol piden ao PSdG que tome medidas serias nas súas políticas, “empezando por condenar de novo a actitude do alcalde”, pois o concello de Pol está asumindo as consecuencias dos comportamentos intolerables do seu representante.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.