O sábado 10 de setembro, Treixadura actuará da man do Xacobeo na praza da catedral de Mondoñedo

Mondoñedo prepárase para as festas patronais dos Remedios. Un dos pratos fortes é a actuación, o sábado dia 10 de setembro, na praza da Catedral, ás 22.30, do grupo Treixadura, cun espectáculo musical sorprendente, presentarán o seu novo traballo, Camiño longo e celebrar co público asistente os máis de 30 anos de andaina do grupo.
Con Camiño longo, como explica o grupo musical na súa páxina WEB, «Treixadura quere recuperar as melodías dos inicios do grupo para descubrir como lles acae a madurez e a experiencia aos temas máis emblemáticos. Este disco é o rexistro dunha parte da vida compartida con todo o público do grupo: 30 anos de emocións que embotellamos coa esperanza de que vos leven, coma a nós, a revivir momentos entrañables».
O concerto foi presentado polo alcalde de Mondoñedo, Manuel Otero, a presidenta da asociación Gaita Escola Mondoñedo, Teresa Lodos, do vicepresidente, César Picoaga, e o concelleiro de Cultura, Alberto García.
A actuación de Treixadura coinciden co X aniversario dos Cantos de Taberna, no que van participar unha ducia de locais de hostalaría do municipio.
Para poder participar será necesario inscribirse chamando ao número de teléfono 605 582 624.