Os amantes dos vehículos clásicos e antigos teñen unha cita obrigada na IV Concentración ‘Cidade de Pontevedra’

Os amantes deses imperecedoiros e elegantes modelos de coche que marcaron épocas pasadas teñen unha cita obrigada o domingo 11 de setembro na IV Concentración de Vehículos Clásicos e Antigos ‘Cidade de Pontevedra’, organizada polo club de Amigos dos Vehículos Antigos (AVA) en colaboración coa Concellería de Deportes

O evento dará comezo ás 10:00 horas na Praza de España (diante do Consistorio), onde os automóbiles irán chegando ata as 11:00 horas, momento no que un primeiro grupo de participantes realizará unha visita guiada polo Museo, visitando a exposición ‘Ruth Matilda Anderson. Unha viaxe pola indumentaria tradicional de Galicia’ (un segundo grupo farao ás 12:15 horas).

O programa proseguirá ás 15:00 horas cunha comida de confraternización que terá lugar no restaurante Casa Digna (na Praza do Gremio de Mareantes), finalizando a concentración ás 19:30 horas e retirándose os coches da Praza de España antes das 20:00 horas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.