Os concellos da Laracha e Les Sables D’olonne oficializarán nesta semana o seu irmandamento

O irmanamento entre o Concello da Laracha e Les Sables D’Olonne asinarase oficialmente nesta semana na localidade francesa. Trátase da actualización do irmanamento rubricado en 2010 entre A Laracha e Olonne sur Mer despois de que este municipio se fusionase con Sables d’Olonne e Château-d’Olonne formando unha entidade única de máis de 45.000 habitantes.

Este acto oficial, previsto para o xoves, levarase a cabo durante a semana de celebración da Festa dos Irmanamentos que vai ter lugar o próximo sábado.

Para formar parte de ambos eventos  viaxará a Francia unha delegación larachesa que estará encabezada polo alcalde, José Manuel López Varela. Así mesmo, asistirá a concelleira Adelina Liste e o edil Pablo Cambón, que tamén o fará en calidade de presidente da Asociación Cultural Queiroga de Paiosaco, entidade que acudirá cun grupo instrumental que realizará actuacións nos actos durante a estancia en Les Sables D’Olonne. Ademais, acudirán alumnos do IES Agra de Leborís acompañados pola profesora de francés do centro.

A viaxe realizarase en autobús, que partirá esta noite desde a Praza do Concello. O regreso será o domingo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.