Ourense prepárase para recibir a Placebo

A banda británica de rock alternativo por excelencia actuará en Expourense no marco da xira internacional de presentación do seu último álbum, Never Let Me Go
O vindeiro 26 de agosto Ourense acollerá unha das grandes citas musicais do verán en Galicia: a banda de culto británica Placebo fará parada en Galicia no marco da súa xira internacional de presentación do seu último álbum, Never Let Me Go. O directo, que terá lugar en Expourense, será a única cita que a banda de Brian Molko e Stefan Olsdal ofreceza este ano en España fóra do cartel dun gran festival (Mad Cool e BBK Live).
Placebo é unha das bandas de rock alternativo imprescindibles dos últimos 25 anos, con máis de 13 millóns de álbumes vendidos en todo o mundo até o día de hoxe. Autores de himnos que marcaron a toda unha xeración, como Every You Every Me, Special Needs, Song to Say Goodbye, Special K ou Nancy Boy, este verán visitan Galicia para dar a coñecer o seu novo traballo discográfico, Never Let Me Go. Trátase do primeiro LP que publica a troupe logo de case unha década, desde Loud Like Love (2013), e inclúe sinxelos como Beautiful James ou Try Better Next Time, que tamén acumulan millóns de reproducións nas plataformas dixitais.
Placebo actuará contra ás 22.30 horas, mais a apertura de portas en Expourense terá lugar ás 20.00 horas. A partir das 20.30 horas sucederanse os directos das bandas galegas que abrirán a noite: Moito! e Habitación Vudú. As entradas para o evento, un dos pratos fortes da programación musical do Xacobeo 21-22 (www.concertosdoxacobeo.gal), están dispoñibles na plataforma web www.ataquilla.com, cun prezo de 40 euros máis gastos de xestión.
SOBRE PLACEBO
Placebo é unha das bandas de rock alternativo imprescindibles dos últimos 25 anos, con máis de 13 millóns de álbumes vendidos en todo o mundo até o día de hoxe. O seu disco debut homónimo supuxo un fito no cambio de rumbo da música británica dos 90: a súa antítese do britpop serviu de inspiración a toda unha xeración de músicos que seguiron o seu camiño. Con cinco discos posicionados entre os dez mellores do Reino Unido, Placebo acadou un lugar privilexiado na historia da música británica. A troupe colaborou con lendas como David Bowie, Robert Smith ou Michael Stipe, e durante máis de dúas décadas realizou xiras multitudinarias, conseguindo pendurar o cartel de entradas esgotadas e copando as cabezas de cartel dalgún dos festivais máis prestixiosos a nivel mundial.
No 1996, cando o britpop saturaba o mercado musical do Reino Unido, Placebo agromou como a grande alternativa, co seu ritmo acelerado, as súas guitarras distorsionadas e as súas letras desoladoras. Coa súa estética andróxina, a banda converteuse, de seguido, nun fenómeno psicosexual hipnótico. Tan só pasaran dous anos desde o seu concerto debut en Rock Garden, en xaneiro de 1995 -e só doce meses despois da publicación do seu primeiro sinxelo, Bruise Pristine-, cando a banda lanzou Nancy Boy, o tema que avanzou o que sería a súa carreira, acadando o favor unánime do público e da crítica.
Nun momento no que gobernaba o rock xuvenil de estadio, Placebo xurdiu coma un faro solitario de glamour narcótico, que alternaba con Bowie e facía cameos en filmes como Velvet Goldmine, del director Todd Haynes. O escuro e sedutor segundo álbum da banda de Brian Molko y Stefan Olsdal, Without You I’m Nothing, vendeu máis dun millón de copias. A campaña de presentación do traballo, que incluía o celebrado Pure Morning e o icónico Every You Every Me, culminou con Placebo tocando 20th Century Boy ao vivo canda David Bowie na entrega dos Brit Awards de 1999. No ano 2000, Placebo lanza o seu terceiro álbum de triunfante electro punk-pop Black Market Music. Os seguidores da banda eran lexión en todos os continentes. O grupo levou os seus temas Taste In Men, Slave To The Wage e a controvertida Special K ao top 20 de cancións non só no Reiuno Unido, senón tamén a nivel internacional.
O cuarto álbum de Placebo, Sleeping With Ghosts, lanzado no 2003, converteuse en Disco de Platino en Francia e Alemania, ademais de ser Disco de Ouro no Reino Unido situándose, á vez, no top 20 de 16 países, grazas ao pulo do seu enorme primeiro sinxelo The Bitter End. No mes de novembro do mesmo ano, tivo lugar outro momento decisivo na carreira de Placebo: esgotou as entradas para o seu directo no Bercy parisino, no que actuou para máis de 18.000 persoas. O espectáculo filmouse para o lanzamento do primeiro DVD oficial da banda, nomeado Soulmates Never Die (Live in Paris), que se situou como no DVD de rock ao vivo máis vendido de Virgin Records no 2004.
Meds, o quinto álbum de Placebo, chegou en 2006 e conseguiu vender máis de 1,1 millóns de copias en todo o mundo, repetindo como Disco de Platino en Alemania e Francia e Disco de Ouro no Reino Unido. O momento máis importante da carreira de Placebo chegou ese mesmo ano, ao ser o cabeza de cartel de Rock Am Ring alemán. Mais en pouco tempo chegou outro gran fito: colgou o cartel de entradas esgotadas no Bercy de París durante dúas noites seguidas e tocou para máis de 36.000 persoas.
O sexto álbum de estudio de Placebo, Battle For The Sun, gravado ao longo de tres meses canda o produtor Dave Bottrill, chegou en xuño de 2009. O disco, sorprendente, vivo e vital, mudou as reglas do xogo da banda e marcou o camiño dunha era completamente nova. Con el ocupou o primeiro posto, durante dúas semanas, na lista europea de Billboard, acadou o nº1 en dez países e posicionouse no top 5 noutros 20. Nos MTV European Music Awards de 2009, Placebo recolleu o premio á mellor banda alternativa, consolidando deste xeito o seu estatus como unha das bandas de rock en vivo máis importantes do mundo.
No 2013 chega Loud Like Love, o sétimo álbum de estudio da banda, producido por Adam Noble, co que Placebo viaxa sen descanso polo mundo, tocando para máis dun millón de persoas en Australia, América Latina, América del Norte, Europa e Asia. Tres anos despois, para festexar os seus increíbles 20 anos como banda, Placebo lanza en outubro de 2016 un álbum retrospectivo de éxitos, A Place For Us To Dream, e publica, ademais, unha selección de novos temas en forma de EP, nomeado Life’s What You Make It, que inclúe seis pistas novas, como os sinxelos Jesus’ Son ou a versión de Talk Talk Life’s What You Make It. A xira mundial comezou pouco despois do lanzamento e prolongouse durante todo 2017. Neste 2022, a banda visita Galicia no marco da xira internacional de presentación do seu novo disco de estudio, Never Let Me Go.