Scientific Reports publica un artigo sobre a investigación dunha bolseira da Deputación da Coruña

Zaira García López, beneficiaria da bolsa de investigación por artes e humanidades, dirixiu unha investigación sobre os procesos que teñen lugar na formación ‘Necrosol’

O duodécimo volume da prestixiosa revista Scientist Reports publica un artigo no que se fai eco da investigación levada a cabo por unha bolseira da Deputación da Coruña, Zaira García López, sobre os procesos que teñen lugar na formación do ‘Necrosol’.

Zaira, beneficiaria da bolsa provincial de investigación por artes e humanidades, dirixiou unha investigación para abordar a pregunta de que queda e que se transfire dos nosos corpos á terra unha vez enterrados. Este tiop de solos, coñecidos cientificamente co nome de “Necrosol” foron estudiados dende unha perspectiva multidimensional por primeira vez para coñecer as características que os fan únicos.

O estudo foi realizado polo grupo de investigación da USC, EcoPast, liderado pola investigadora Zaira García López, en colaboración con outros tres membros do grupo EcoPast, Antonio Martínez Cortizas, Noemi Álvarez Fernández e Olalla López Costas. O artigo da revista Scientific Reports descúbrenos a valiosa información que este tipo de solos pódenos brindar a nivel arqueolóxico, antropolóxico e edafoxénico.

Conclusións do traballo

Este traballo con base interdisciplinar que se centra nos solos de dous enterramentos de A Lanzada, non soamente nos fala dos procesos que se suceden no solo ao longo do seu contacto cos ósos que se atopaban enterrados neles por séculos, senón que tamén nos describe o ritual de inhumación que seguiron os habitantes de A Lanzada no século VI d.C. Información que, como indican, non podería ser coñecida de ningunha outra maneira.

Anteriormente considerábase o incremento de fósforo no solo como única sinal que indicaría un enterramento, sen embargo, neste estudo sinalan que hai catro procesos máis nos que se debería poñer un foco de atención. Un deles (descalcificación) sería específico dos solos dunares como o que se encontra en A Lanzada, pero os outros procesos (melanización, acidificación e neoformación de minerais secundarios) serían comúns co resto de Necrosoles do mundo. Tendo en conta que, en Galicia, debido á acidez do solo non se conservan moitos restos óseos das necrópoles que descubertas, este tipo de traballo intenta abrir unha liña de investigación que nos permita acercarnos á realidade dos nosos antepasados.

Como indican no artigo as autoras “Aínda que os nosos resultados son prometedores e proporcionan unha explicación adecuada para outras observacións realizadas na literatura, necesítanse máis estudos considerando diferentes marcos cronolóxicos e materiais parentais para entender mellor a formación do Necrosol”, estudios que se están levando a cabo na tese doutoral da coruñesa Zaira García López e que conforman o primeiro contacto da ciencia galega e española co Necrosol como protagonista.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.