Xuntos Carballo M+J crea unha área específica para a hostalaría e o pequeno comercio

A formación municipalista Xuntos Carballo M+J segue avanzando na creación de áreas, según se van recollendo achegas da cidadanía

«Cada día xurden novas inquedanzas e reinvindicacións dende moitos sectores da sociedade Carballesa, por iso para dar un trato personalizado,e cumprindo co noso compromiso coa veciñanza ,consideramos que é unha necesidade ter persoas con amplos coñecementos en diversos eidos  , para axudar no que humildemente poidamos».

«Sabemos que Carballo é unha vila onde a hostalaría e o pequeno comercio ten moito que ver coa economía do concello , e por iso nomeamos a unha persoa, de profesión cociñeiro, que vai traballar para a defensa dos mesmos.Victor  Manuel Fraga Arantón ( no centro da imaxe)pasa a ser esa persoa que sen dúbida fará unha gran labor,con todo o relacionado co comercio e a hostalaría» Sinala o secretario xeral Xesús Deus Gende.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.