Xuntos Carballo M+J denuncia “o pasotismo do concello en Razo”

“A veciñanza de Razo leva moito tempo reinvindicando a necesidade de melloras na contorna da praia”

Foron moitos os chamamentos públicos para que se acondicionara a zona, debido ao mal estado en que se atopa o chán de madeira, as barandas, o parque infantil… reinvindicacións que Xuntos Carballo M +J recolleu non fai moito a pé de rúa. Recentemente saíu publicado o que supostamente será o arranxo que se levará a cabo en setembro, “haberá que velo porque este goberno non é fiable para nada”.

“Aínda que a reforma integral se leve a cabo despois do verán o que non pode ser e que haxa buratos no chán, taboas levantadas, puntas ou parafusos o aire ca cantidade de xente que transita polo lugar. Que un rapaz de protección civil que desempeña desinteresadamente unha función solidaria fora víctima dun percance por falta de mantemento e prevención (con visita a o médico e parte de lesión incluido), ou que días antes unha señora que paseaba coa súa parella sufrira unha caída noutro tramo do piso de madeira, tán só  amosa o grao de cinismo dunha corporación máis centrada en facer oidos xordos que atender as necesidades da cidadanía. Precisamos que se actúe urxententemente, aínda que sexa de maneira  provisional para rematar co perigo que existe actualmente”, sinala Xesús Deus Gende.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.