Xuntos Carballo M+J recolle novas queixas en Rús e Entrecruces

O secretario local e voceiro da formación municipalista Xesús Deus Gende, acompañado dos responsables das parroquias de Rús e Entrecruces Juan Carlos Rey e Jesús Tasende, achegaronse ata dous lugares para atender as queixas veciñais que lle chegaron recentemente

En Rús dende que foi levantado o firme para a colocación da auga , concretamente no lugar do val, quedou un fondo nesnivel na estrada que causa problemas a os vehículos que transitan pola vía.En Entrecruces nos derradeiros días procediuse a limpeza de maleza( que val máis tarde ca nunca)en numerosas pistas dos distintos lugares.O que non sabe a veciñanza e porque se deixaron tramos sen facer ou a totalidade da que da acceso a Outeiriños, chea de silvas.

«Entendemos que as labores de desbroce, obras e servizos varios deben de estar supervisadas polo corresponde concelleiro,verificando que os traballos quedan realizados correctamente, que para iso recibe un soldo público , e non de escasa cuantía precisamente.Dende Xuntos Carballo por un mundo máis xusto pedimos que se acondicione o desnivel no lugar do val e se limpe correctamente a maleza na parroquia de Entrecruces».Sinala o portavoz da agrupación municipalista.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.