6 cociñeiros participarán en Lugo na iniciativa Comilonum 2.0

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, xunto con concelleiras e concelleiros da Tenencia de Alcaldía participou na presentación da iniciativa Comilonum 2.0., que terá lugar o vindeiro sábado pola mañá

A iniciativa, organizada pola asociación Cociñeiros Lugo en colaboración coa APEHL, e que conta co apoio da área de Cultura, terá lugar este sábado, 1 de outubro, entre as 11 e as 23 horas.

Contará coa participación de 6 cociñeiros que elaborarán distintos pratos para a veciñanza que se achegue, e haberá actividades simultáneas como masterclasses de cociña, actuacións musicais con Cántigas e Frores e a presenza dun DJ.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.