A Coruña organiza formación online para atraer e impulsar iniciativas europeas nos concellos da provincia

Os cursos celebraranse no mes de outubro e están dirixidos a persoal responsable de políticas municipais

O centro EUROPE DIRECT A Coruña programa dous cursos de formación en programas europeos para o mes de outubro, dirixidos a ampliar a capacitación do persoal técnico dos concellos da provincia da Coruña na xestión e deseño de proxectos europeos e, así, atraer e impulsar novas iniciativas europeas no territorio. Nesta ocasión, a formación online centrarase no programa Interreg de cooperación territorial da Unión Europea e o Corpo Europeo de Solidariedade, unha liña do programa Erasmus Plus que promove os voluntariados, formación ou axuda humanitaria entre a mocidade.

curso sobre o programa Interreg busca amosar ás entidades locais da provincias as opcións existentes para avanzar na cooperación territorial. Ao longo de cinco horas de formación, o persoal dos concellos poderá coñecer as áreas de actuación de Interreg, os requisitos e as esixencias para participar, os enfoques que deben ter os proxectos e as últimas novidades do programa. Ademais, haberá unha sesión a cargo da Oficina de Transferencia de Resultados de la Investigación (OTRI) da Universidade da Coruña na que presentará os seus servizos e tamén propostas de colaboración. Celebrarase os días 3, 5, e 6 de outubro en horario de mañá.

formación sobre o Corpo Europeo de Solidariedade achegará a persoal responsable de centros de información xuvenil ou de políticas para a mocidade unha visión práctica das accións que se poden desenvolver neste programa. O programa abordará os proxectos de mobilidade xuvenil posibles e as súas prioridades temáticas, sen esquecer o proceso de redacción, presentación e rexistro dos mesmos. O curso ten unha duración de seis horas, divididas en tres xornadas online nos días 18, 19 e 20 de outubro.

As prazas para ambas formacións, que son gratuítas, están limitadas a 30 persoas e é imprescindible o rexistro.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.