A Escola Municipal de Música de Marín abre a matriculación para ao novo curso co local mellorado

A Escola Municipal de Música vén de ser obxecto dun proxecto de mellora de cara a que as instalacións estean en perfecto estado para o inicio do curso 2022-2023, que abrirá o prazo de matrícula a partir do luns
A concelleira de Cultura, Beatriz Rodríguez, acudiu hoxe a supervisar o final dos traballos, que supuxeron a ampliación dunha das aulas, o cambio do chan para ir avanzando na insonorización do inmoble, a renovación e mellora de toda a instalación eléctrica, incluindo a conectividade WIFI; a colocación dunha tarima para os ensaios de coro, a dotación de armarios empotrados para almacenaxe e a posta a punto dos baños, entre outras melloras.
No que respecta á matrícula, poderá facerse en horario de tarde, do día 5 ao 16 de setembro, de 17.30 a 20.00 horas, no propio local da Escola. Tamén haberá unha opción en horario de mañá, do 19 ao 29 de setembro, de 10.00 a 12.30 horas. Estas son as disciplinas que se ofertan:
Música e movemento: de catro a seis anos.
Iniciación á música o Informática musical.
Linguaxe musical.
Educación auditiva e vocal.
Violín, viola. o Piano.
Preparación de acceso a conservatorio.
Estudos de grao elemental e profesional.