A Marea realiza unha queixa formal ante a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta logo da supresión da liña de autobús das 7:15h entre Noia e Santiago

A Marea anuncia unha queixa formal ante a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia polos cambios no liña que une Noia – Santiago na que se elimina o autobús das 7:15h e se pasa a unha liña que sae de Noia ás 7:55h e chega a Santiago de Compostela ás 9:00h

Este horario limita ao alumnado universitario que comeza en gran medida as clases ás 9:00h e que chegarían tarde as clases, e tamén aos estudantes da FP, dende a Marea indican que, “ institutos como o Politécnico comeza ás clases ás 8:45h”.

Esta medida que implanta o Partido Popular tradúcese nun recorte dun servizo básico, que permitía ao estudantado noiés residir en Noia durante o ano, e aforrar nos custes de vivenda en Santiago de Compostela. Agora, ou opta por residir en Compostela ou vese na obriga de faltar a primeira, mermando a súa calidade educativa.

Dende a Marea indican que “ dende o goberno municipal de Noia non houbo ningunha soa queixa ao respecto ante un servizo básico, cando nos consta que as familias pediron axuda ao Concello de Noia por este asunto” É evidente que non lles interesan os servizos públicos,, dende que gobernan só perdemos servizos ou merma a calidade dos mesmos.

Non entran a valorar tamén como afecta nas citas do hospital, xa que as probas tenden a ser as primeiras horas da mañá. Dende a Marea indican que “ Noia non para de perder servizos, o que se traduce nunha perda de poboación sen precedentes”. Indican que se esta situación non reverte iniciarán actos de protesta na rúa e nas institucións.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.