A Orquestra de Cámara Galega prosigue o seu ciclo Xacobeo en Cámara con concertos en Celanova e Ribas de Sil

A Igrexa de San Rosendo e o Parador de Santo Estevo acollen dous concertos os días 3 e 4 de setembro patrocinados pola Fundación La Caixa a través da Xunta de Galicia
A Orquestra de Cámara Galega (OCGA) ofrecerá dous concertos este fin de semana na Igrexa de San Rosendo de Celanova e no Claustro dos Obispos no Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil o sábado 3 (20.30h.) e o domingo 4 de setembro (20h.) respectivamente dentro do ciclo Xacobeo de Cámara, que patrocina a Fundación La Caixa a través da Xunta de Galicia. O ciclo, que artella modernidade e tradición, é una proposta artística en lugares que, de seu, manifestan un enorme interese como destino turístico diferente, único e especial máis aló da propia celebración do ano Xacobeo.
Os dous concertos da OCGA da fin de semana continúan unha viaxe que mistura os patrimonios artístico e musical galegos nuns concertos cunha duración duns oitenta minutos e de entrada libre e gratuita e nos que a agrupación orquestral ofrecerá un repertorio que conta con recoñecidas obras de autores como Holst, Britten ou Grieg xunto coa música de Rogelio Groba, o compositor galego máis relevante do país desde mediados do século XX. Nesta ocasión, a Orquestra de Cámara Galega ofrecerá os seus Microconcertos, coa violonchelista Alba Reirís e o violinista Rogelio Groba Otero como solistas.
O Xacobeo 2021-2022 continúa a ser o eixe principal da cultura ao longo dun ano que manten unha programación espallada por toda Galicia, aunando esforzos cun obxectivo común.