A Plataforma Sanitaria desplazará, o martes, 27, a súa unidade móbil ao Centro de Saúde de Ribadeo

A Plataforma Sanitaria da Mariña desprazará a súa unidade móbil (UMAR) ao centro de saúde de Ribadeo o vindeiro martes 27 de setembro, no seu horario habitual, de 11a13 horas.
O colectivo sanitario axudará na redacción de reclamacións ás persoas que precisen e nesta ocasión tamén fará unha recollida de sinaturas en apoio á ILP de medidas urxentes para recuperar e fortalecer a Atención Primaria promovida por SOS Sanidade Pública.

Esta iniciativa precisa da recollida dun mínimo de dez mil sinaturas para poder ser debatida no Parlamento, e contempla medidas tan importantes como a dotación de persoal, garantir a presencialidade na atención primaria ou recuperar as xerencias de primaria propias.
Desde o colectivo animamos a todas as veciñas e veciños a que se acheguen ata o centro de saúde de Ribadeo para apoiar esta iniciativa e lograr deste xeito recuperara calidade asistencial na Atención Primaria.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.