A próxima semana, cita co Sacra Sonora en Chantada

Os días 23, 24 e 25 de setembro celébranse dous eventos culturais importantes en Lugar de Pincelo, Chantada. Música electrónica, artes, sostibilidade, emprendemento e natureza na Ribeira Sacra do Miño

Por un lado, o día 23 comeza o Encontro de Xestión Cultural e Emprendemento, unhas xornadas cunha programación de alcance internacional e figuras da talla de Juan Verde, quen foi asesor de Obama e Al Gore; Óliver Laxe, director de cinema e presidente da Asociación Ser, Natalia Balseiro, investigadora, mediadora e comisaria; Luis Deber, presidente da Fundación Ronsel; Ángeles Gestal, experta en finanzas, planificación e xestión empresarial; Oscar Vales, fundador de Vazva e mediador medioambiental e Carlota Pérez, directora de Sacra Experience, historiadora, coreógrafa e xestora cultural.

Durante esta mesma fin de semana, o sábado 24 e domingo 25, celébrase paralelamente un evento que reúne grandes figuras galegas da música electrónica: o SACRA SONORA, e que terá lugar en dous espazos, a Terraza de Pincelo e Quinta Sacra. Un diálogo entre a música e a natureza, nun espazo único. Desde o Ambient ao IDM, Drone a estilos coma Disco, Funk ou Soul a mans dos DJs Steven García (NY-A Coruña), Grobas (A Coruña), Viktor Flores (Vigo), e o pop dixital e música experimental con raíz tradicional da man dos músicos e produtores BFlecha (Vigo) e crnds (Santiago) respectivamente.

Máis información

Venda de entradas Sacra Sonora en EventBrite

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.