A Universidade da Coruña incorpora ao seu plantel de profesorado catro novos catedráticos e trece profesores titulares

O reitor da Universidade da Coruña presidiu esta mañá o acto de toma de posesión de novo profesorado. Ao evento, celebrado no Paraninfo da Reitoría, asistiron o secretario Xeral, Carlos Aymerich, o vicerreitor de Profesorado e Planificación Docente, Alberto Valderruten, o vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia, Salvador Naya, e a vicerreitora de Planificación Académica e Innovación Docente, Nancy Vázquez

O profesorado estivo acompañado ademais por docentes dos departamentos e das facultades implicadas ademais de polos seus familiares.

O reitor felicitou aos profesores e profesoras polo seu esforzo por acadar a promoción “mérito exclusivo voso”, díxolles, e animounos a seguir traballando, pois o seu desempeño contribúe, en grande medida, en beneficio de toda a Universidade.

Tomaron posesión dos seus novos postos a seguinte listaxe de profesorado.

  • Catedráticos de Universidade:
    • José Luis Calvo Rolle – Área de Enxeñaría de Sistemas e Automática –Departamento de Enxeñaría Industrial – Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol
    • Luis Carral Couce– Área de Construcións Navais – Dpto. de Enxeñaría Naval e Industrial – Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol.
    • María José Lombardía Cortiña – Área de Estatística e Investigación Operativa – Dpto. de Matemáticas – Facultade de Informática.
    • Guillermo López Taboada – Área de Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores – Dpto. de Enxeñaría de Computadores – Facultade de Informática.
  • Profesores Titulares de Universidade:
    • Paula María Castro Castro – Área de Tecnoloxía Electrónica – Dpto. de Enxeñaría de Computadores – Facultade de Informática.
    • María José Álvarez Bermúdez – Área de Zooloxía – Dpto. de Bioloxía- Facultade de Ciencias.
    • María Teresa Cao Rial –Área de Matemática Aplicada – Dpto. de Matemáticas – ETS de Náutica e Máquinas.
    • José Luis Casteleiro Roca – Área de Enxeñaría de Sistemas e Automática- Dpto. de Enxeñaría Industrial – Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol.
    • Pablo Castellanos García –Área de Economía Aplicada – Dpto. de Economía – Facultade de Economía e Empresa.
    • Fernando de LLano Paz – Área de Economía Financeira e Contabilidade – Dpto. de Empresa – Facultade de Economía e Empresa.
    • Jaime Fagúndez Díaz – Área de Botánica – Dpto. de Bioloxía – Facultade de Ciencias.
    • Carlos Fernández Lozano – Área de Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial – Dpto. de Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información- Facultade de Informática.
    • José Antonio García Naya – Área de Tecnoloxía Electrónica – Dpto. de Enxeñaría de Computadores- Facultade de Informática.
    • José Atilano Pena López – Área de Economía Aplicada – Dpto. de Economía – Facultade de Economía e Empresa.
    • Luis Ramírez Palacios – Área de Matemática Aplicada – Dpto. de Matemáticas – ETS de Camiños, Canais e Portos.
    • Álvaro Rodríguez Tajes – Área de Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial – Dpto. de Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información – Facultade de Informática.
    • Javier Tarrío Saavedra – Área de Estatística e Investigación Operativa – Dpto. de Matemáticas – Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.