A Xunta destina preto de 1,4 M€ en axudas aos apicultores

As axudas foron concedidas en réxime de concorrencia competitiva e están destinadas tanto a particulares titulares de explotacións apícolas como a asociacións de apicultores con personalidade xurídica propia

Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución da Consellería do Medio Rural da convocatoria das axudas á apicultura para o ano 2022. En total, supoñen o investimento por parte da Xunta de 1.382.277,80 de euros para a asistencia técnica tanto a persoas como a organizacións apicultoras e a loita contra as agresións e enfermidades da colmea, de acordo coas características particulares do sector en Galicia.

As actuacións subvencionadas nesta convocatoria 2022 inclúen a contratación de persoal técnico e de especialistas para prestar información e asistencia ás persoas apicultoras. Tamén comprende -no relativo á loita contra as enfermidades das abellas- a adquisición de tratamentos quimioterápicos e outros compatibles coa apicultura ecolóxica contra a varroase, a alimentación das abellas -co fin de mellorar a vitalidade da colmea- e a renovación ou purificación de cera, ademais da adquisición de métodos para a captura, eliminación e control da avespa velutina.

As axudas foron concedidas en réxime de concorrencia competitiva e están destinadas tanto a particulares titulares de explotacións apícolas como a asociacións de apicultores con personalidade xurídica propia. En total, son 24 os beneficiarios destas axudas, dos cales 9 corresponden a asociacións apícolas. Así, beneficiaranse destas achegas 2.176 explotacións apícolas, cun total de 187.537 colmeas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.