Ábrese o prazo para enviar fotografías no concurso polo ‘Día da Muller Rural’

Desde mañá xoves e ata o día 6 de outubro permanecerá aberto o prazo para presentar traballos e participar no concurso de fotografía ‘Día da Muller Rural’ que organiza o Concello para sumarse á celebración do Día Internacional das Mulleres Rurais que se conmemora o 15 de outubro.
O obxecto do certame é reflectir nas imaxes as particularidades das mulleres rurais presentes e pasadas da Laracha, poñer en valor o papel e o traballo desempeñado polas mesmas e a súa contribución ao desenvolvemento local.
Poderá participar no concurso de forma individual calquera persoa que sexa residente no termo municipal da Laracha.
O concurso de fotografía ‘Día de Muller Rural’ consta de dúas categorías:
• “Mulleres rurais do presente”: As fotografías recollerán imaxes da vida cotiá das mulleres do rural da Laracha na actualidade. O obxectivo é que as fotografías poñan en valor o papel e o traballo desempeñado polas mesmas e a súa contribución ao desenvolvemento local da Laracha.

• “Mulleres rurais do pasado”: As fotografías recollerán imaxes da vida cotiá das mulleres do rural da Laracha no pasado. O obxectivo é recuperar fotografías antigas que amosen aspectos da vida e o traballo das mulleres rurais da Laracha no pasado.
As persoas que desexen participar teñen que enviar a fotografía e unha breve descrición da mesma a través do formulario que está dispoñible na web municipal ou ben de xeito presencial no Edificio Administrativo da Laracha.
Repartiranse un total de mil euros en seis premios ás tres fotografías de cada categoría que obteñan máis “me gusta” na páxina de Facebook do Concello da Laracha desde o día 7 e ata o 13 de outubro ás 10:00 horas. A contía dos premios de cada categoría
é de 300 euros para os primeiros premios, 150 euros para os segundos e 50 euros para os terceiros.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.