Adxudicados os traballos que permitirán abrir ao público as naves de Metrosidero

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, deu conta esta mañá dos asuntos aprobados na Xunta de Goberno Local

Entre outras cuestións, adxudicáronse as obras para o acondicionamento das naves do Metrosidero, un equipamento municipal que será destinado para o seu uso por parte da mocidade. O Goberno municipal destina 559.000 euros a estas obras complementarias para que as instalacións poidan entran en servizo, incluíndo un punto de información xuvenil, así como un espazo para o Servizo Municipal de Xuventude.

As naves do Metrosidero contarán con áreas de traballo para que as mozas e mozos poidan reunirse, ademais de instalacións deportivas destinadas á práctica de escalada, parkour e skate, todas elas a cuberto e no interior das naves, onde tamén se habilitarán espazos de uso polivalente e destinados ás artes escénicas. Cos fondos destinados a estas obras, que terán unha duración de 19 semanas, acondicionarase tamén o espazo exterior lindeiro ás naves, facendo que o conxunto das edificacións sexa accesible á cidadanía.

«Amosamos deste xeito o compromiso do Goberno municipal para impulsar medidas de apoio á xuventude durante o vixente mandato. As naves do Metrosidero converteranse nunha referencia da cidade para as mozas e mozos, ao igual que o Remanso, que reabriu as súas portas a comezos de abril», sinalou a alcaldesa, Inés Rey.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.