AFOUR: Defendendo o noso fútbol

Próximo a rodar o balón sobre o verde, nalgúns casos pasteiros, dos campos de fútbol da provincia de Ourense, esta fin de semana, 10/11 de setembro, comezarán os encontros de “elite”, da tempada 22/23, do noso Fútbol Provincial, (a próxima semana comezan as competicións de Fútbol sala).Desde AFOUR queremos desexarlle a todos os protagonistas, desde os presidetes de Clubs, directivos, adestradores, xogadores, árbitros, etc. unha tempada que consolide o fútbol na nosa provincia as cifras de participacion da prepandemia. A verdade que tanto clubs como afeccionados, tiñamos ganas do inicio desta nova tempada. É natural que se produzan baixas nos clubs, que, en moitos casos, foron compensadas con novas altas. O sistema de competición, cremos que é, moito mellor, que o da pasada tempada. Esta nova coincidirá co proceso electoral á presidencia da RFGF desexamos desde AFOUR que non “entorpezan” as competicións, tanto de Liga como de Copa.
Todos temos ganas de ver en acción aos nosos equipos. O mellor que lles podemos desexar, é que non teñan ningunha clase de problemas, gañar, empatar ou perder, entra dentro de calquera xogo, uns sairán con ideas de altos voos e outros con ideas de menor calado, ninguén debe racharse as vestiduras, por non atopar a vitoria nos primeiros partidos, non hai que botarlles sempre a culpa ao adestrador, todos son partícipes das vitorias e das derrotas, pero sempre haberá tempo para repoñerse, o importante é non perder a paciencia, loxicamente, sen durmirse, pois as competicións, teñen pouco percorrido.
PUBLICIDADE
Desde a Asociación “AFOUR”, estamos para axudar, asesorar, e tentar resolver calquera problema regulamentario que poida xurdir durante a tempada, non dubidedes en poñervos en contacto connosco, para calquera consulta. Pedimos a todos os clubs, un comportamento exemplar e deportivo, tanto cos adversarios e sobre todo, co colectivo Arbitral.
Moito ánimo a todos os equipos, a grandeza do fútbol é que crea rivales no campo e amigos unha vez rematado o partido.
Saúde e sorte a todos..