Alternativa de Arteixo participa na manifestación convocada na Coruña contra a depredación enerxética

Alternativa dos Veciños de Arteixo participou na manifestación celebrada na Coruña contra a depredación enerxética, que foi convocada polas plataformas  da comarca da Coruña. Alternativa de Arteixo xa celebrou o pasado sábado día 17 de setembro unha manifestación en Arteixo contra a invasión eólica, que afecta gravemente  o municipio arteixán.

Unha manifestación na que tamén participaron diferentes plataformas da comarca de Coruña e, na que se fixo un chamamento a continuar loitando para protexer o medio ambiente natural e o medio rural.

“Hoxe volvemos a participar nunha manifestación contra a invasión eólica, esta vez na Coruña, porque non debemos de deixar de loitar e mostrar o noso rexeitamento contra  esta invasión eólica descontrolada, que está a causar graves prexuízos a nosa terra” apunta Noelia Martínez, voceira de Alternativa en Arteixo.

“A cidadanía debe espertar e saír ás rúas para defender o noso medio ambiente natural e o noso rural, xa que logo será demasiado tarde. Por suposto, debemos defender a saúde e calidade de vida, a cal é posta en risco por parte desta invasión eólica, que instala aeroxeradores e tendidos eléctricos pegados ás vivendas” matiza Noelia Martínez.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.