Ana Miranda insta ao Goberno estatal a defender en Bruxelas o recoñecemento das confrarías no sector pesqueiro galego

O BNG defende que o Regulamento de Control da Pesca da UE recolla a singularidade da galega

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, salientou a necesidade de que o papel das confrarías sexan recoñecidas como actores fundamentais na toma de decisións no sector pesqueiro e instou ao goberno estatal a defendelo nas institucións europeas. “Desde o Bloque presentamos diversas preguntas á Comisión sobre esta cuestión e sempre nos responde que ten que ser o Estado Membro quen ten que facer este recoñecemento”, explicou Miranda na xornada “Actores na protección e control do medio mariño”, que hoxe ten lugar no Pazo de Mariñán.

“Madrid non quere que se recoñezan as confrarías, porque senón xa estarían recoñecidas”, sinalou a eurodeputada nacionalista na súa intervención. Por outro lado defendeu a revisión do Regulamento de Control Pesqueiro, de forma que recolla a singularidade da frota galega. Criticou a estratexia da Comisión Europea a respecto da PPC e indicou que “hai un interese comercial de excluír a pesca galega, porque senón non se entenden as decisións que a adopta o comisario desde un despacho” a respecto de aumentar os controis de control da pesca artesanal.

Segundo Ana Miranda, estas decisións son tomadas desde a “total ignorancia” da pesca e o marisqueo galegos e ante a pasividade dos gobernos galego e estatal. “Levamos anos sabendo as liñas por onde ía ir o Regulamento de Control, que se empezou a tramitar no 2018”, comentou, ao tempo que defendeu a necesidade de “anticipación” antes os feitos consumados que presenta a Comisión. “Hai que anticiparse e loitar por que por manter os intereses dos demais non sigamos perdendo nós”, subliñou.

Apoio do Bloque ao sector nas protestas

Neste sentido criticou a visita realizada a Galiza o pasado ano polo Comisario de Pesca da UE, Virginijus Sinkevicius, nas que defendeu o aumento de controis da pesca artesanal, ignorando as condicións de traballo e as demandas da frota artesanal galega.  Lembrou asemade que o BNG ten manifestado en reiteradas ocasións a súa defensa da exclusión da pesca artesanal galega dun incremento dos controis, referidos tanto á obriga de declarar telematicamente as súas capturas antes de entrar a porto e de instalar cámaras a bordo en embarcacións de menos de doce metros de eslora para controlar a obriga do desembarque das capturas. “Ter ao gran irmán metido no barco non é de recibo”, apuntou, ao tempo que recordou que o Bloque participou nas protestas que se desenvolveron nos portos en contra deste regulamente e presentou iniciativas nos tres parlamentos na defensa dos intereses do sector pesqueiro e marisqueiro galego.

Por outro lado, a eurodeputada do Bloque expresou o seu compromiso a seguir defendendo na Eurocámara os sectores produtivos galegos e presentou a posibilidade de impulsar a visita dunha delegación da Comisión de Pesca que veña disposta “a falar coas confrarías e visitar os portos”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.