Antía Muíño e Cepeda protagonistas dos Concertos do Xacobeo en Sanxenxo

Os concertos celebrarase o sábado 3 na Praza do Mar, a partires das 22:00 horas

O cantante e compositor Cepeda ofrecerá un concerto o próximo 3 de setembro na Praza do Mar de Sanxenxo no marco dos concertos do Xacobeo.
Así, en Sanxenxo soarán temas como Otro día más, Qué bonito, Nené ou  La camisa vieja, os catro sinxelos que publicou deste novo álbum, así como grandes éxitos dos seus traballos anteriores como Esta vez, Vuela, Con los pies en el suelo  Gentleman, entre outros.
Xunto ao ‘triunfito’ galego, como artista convidada, estará a tamén cantautora galega Antía Muíño, fincada actualmente en Donostia.
Tras anos de militar en diferentes proxectos que basculan entre o folk, a canción de autor máis intimista, o jazz ou a bossa nova, asina co seu propio nome un proxecto que segue bebendo destas fontes, pero agora a soas coa súa guitarra.

Herdanza da canción acústica, espida e descarnada, a súa singularísima voz dialoga con matices que van desde a canción jazz á bossa con acento galego ou o folk-pop occidental, tan preto do río Miño como das beiras do Mississippi.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.