Aprobada a cesión dos terreos para inciar as obras da estación intermodal da Coruña

Licitado por 2 millóns de euros o proxecto e a obra de construción do campo de fútbol de Eirís, que ten un prazo de execución de oito meses

O pasado 16 de setembro, o Administrador de Infraestructuras Ferroviarias (ADIF) outorgou a concesión demanial gratuíta a favor do Concello para ocupar 28.000 metros cadrados de solo ferroviario, na contorna da estación de San Cristovo, para destinalos á estación intermodal.

Co obxectivo de garantir os avances necesarios para que poidan dar comezo ás obras da nova intermodal, na Xunta de Goberno Local celebrada este luns autorizouse a cesión destes terreos á Xunta, por parte do Concello da Coruña, con vistas á posta en marcha dos traballos coa maior celeridade.

“É unha intervención fundamental para mellorar as conexións de transporte da cidade e tamén para favorecer os procesos de rexeneración urbana en barrios como Os Mallos e A Sardiñeira”, apuntou Inés Rey. Neste proxecto, o Concello investirá máis de 14 millóns de euros, que irán destinados á propia estación intermodal e tamén á renovación urbana da Sardiñeira e da avenida do Ferrocarril. No pasado mes de maio, e con vistas á axilizar os trámites para o comezo dos traballos, o pleno ordinario da Corporación aprobou a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal para concluír todos os procesos urbanísticos relacionados coa futura estación intermodal da cidade.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.