Arbo aproba os orzamentos municipais 2022

O Orzamento para o ano 2022 ascende a un importe total de 4.443.088,39 €, donde se contempla un gasto en investimentos de 1.480.939,78 € que aposta por dotar de máis servizos ao municipio e de máis equipamentos nas parroquias

O Pleno da Corporación en sesión celebrada o día 29.07.2022, aprobaba inicialmente o ORZAMENTO XERAL para o exercicio económico 2022 por seis (6) votos a favor,  do grupo municipal do PP, e cunha (1) abstención do concelleiro do grupo municipal de AGRELAR e definitivamente  no pleno de 7 de setembro de 2022, por seis (6) votos a do grupo municipal do PP, e con dous (2) votos en contra do grupo municipal de AGRELAR, aproba para o ano 2022 un orzamento por  importe total  de 4.443.088,39 €, que pon en marcha un ambicioso plan de investimentos para dotar de máis servizos ao municipio e máis equipamento as parroquias,  garantir os mellores servizos públicos, manter as instalacións, pensados para atender as persoas e as súas demandas, sen subir impostos e impulsar o crecemento estable e incrementar o crecemento económico.

Investimentos

O importe destinado a inversión ascende a 1.480.939,78, asumindo  o Concello, neste ano 2022, un importe relevante  con recursos propios que ascende a 314.836,75 €.,  para financiar ou cofinanciar proxectos  de suma importancia para mellorar a vida da poboación arbense, entre os que destacan: a mellora do abastecemento de auga potable en Arbo, a apertura da Rúa Vázquez Estévez, a mellora das instalacións de alumeado exterior para reducir o gasto neste ámbito e lograr unha maior eficiencia e menor consumo, a mellora da circulación no parque empresarial, a mellora parques infantís, o acondicionamento do vial da Rocha, a mellora da EDAR en Barcela ou o acondicionamento Centro Social entre outros.

“No orzamento para o ano 2022, destaca o plan de investimentos de máis de  1.480.939,78 € euros para a mellora de servizos, parques e xardíns, asfaltado de camiños rurais e rúas, iluminación pública, edificios públicos e patrimonio” manifesta o alcalde, Horacio Gil – «A través da xestión levada a cabo polo Grupo de Goberno logrouse que  a maior parte dos investimentos conten con financiamento, practicamente na súa totalidade, doutros organismos provinciais e autonómicos» – remata o rexedor .

Servizos

No orzamento incrementase o gasto de persoal para o servizo de Axuda no fogar tras o aumento de horas para atención de dependentes que a Consellería de Política Social concedeu a este Concello para dar resposta ás necesidades dos usuarios deste servizo e contémplase tamén o importe das axudas de emerxencia social, para a prestación do servizo de atención temperá, o programa «Xantar na casa» e o mantemento das instalacións correspondentes.

Achegas para fomentar as actividades e asociacións arbenses

O orzamento 2022 tamén prevé a concesión de subvencións económicas as asociación e colectivos arbenses por un importe de máis de 60.000€.

Con estas subvencións e axudas preténdese por parte deste grupo de goberno  fomentar as actividades e actuacións levadas a cabo polas asociacións sen ánimo de lucro inscritas no rexistro municipal de asociacións do Concello tanto no ámbito social, como cultural e deportivo. Estas axudas económicas vense complementadas coa gratuidade no uso das instalacións culturais e deportivas municipais para os fins e actividades propias dos entes asociativos inscritos no rexistro de asociacións do Concello e Arbo; e tamén co apoio loxístico realizado nos eventos e actividades organizados polas anteditas asociacións.

Como novidade contémplase unha subvención por importe de 1.200,00 € para a Asociación protectora de animais «Os Biosbardos».

Neste sentido, apunta o alcalde que: “trátanse dunhas contas realistas e equilibradas, polo que creo firmemente que son as mellores que podiamos ter para impulsar a reactivación económica e social do noso pobo tras dous anos especialmente difíciles”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.