Arbo homenaxea ao Arbo CF e a José Juan Domínguez na Gala da Lamprea

Durante o acto, o Concello de Arbo fixo entrega dos premios dos concursos da LX Festa da Lamprea e do Certame “Brais Alonso”, e aos alumnos do CEIP Antonio Carpinteiro gañadores do Concurso de redacción e debuxo da LX Festa da Lamprea, gañadores do concurso de Fotográfia, un recoñecemento a Asociación mulleres Rurais Arbenses polos seus 20 anos .
Na categoria do deporte fixose entrega de galardóns pola súa importante labor a favor do deporte a Alfonso Cabeiras Fernández, Pedro Rodríguez Cerdeira, Iria Groba, María de Sa, Carmen de Sa e Candela Gil, ao equipo de Alevín e Biberóns do Arbo, C.F e aos Veteranos Esmorga-Arborock
En nome do Concello e da Vila de Arbo, o alcalde Horacio Gil, outorgaba o galardón de Arbense Distinguido, que este ano, por primera vez; considerouse merecían pola súa traxectoria e repercusión a prol do desenvolvemento e promoción de Arbo, converterse en símbolo e orgullo de todos os arbenses, dous referentes desta Vila, en vez de un so, como viña sendo habitual.
Polo que este ano 2022 este recoñecemento se entregaba ao Arbo Club de Fútbol, que este ano cumpriu 50 anos de historia e a D. José Juan Domínguez, gran embaixador da nosa vila ao longo da súa dilatada carreira aeronáutica durante a que sempre tivo a gala presumir das súas fondas raíces nesta