As ‘Lúas de Outono’ lembrarán hoxe no Teatro Rosalía a Saleta Goy, compañeira de vida de Manuel María

O espectáculo central será  a representación d’A lúa vai encuberta , con Tito Asorey,  Melania Cruz, Vanesa Sotelo e Davide González. Uxía porá a nota musical de homenaxe a Saleta Goy con pezas dedicadas a ela

A Fundación e Casa-Museo Manuel María celebra mañá, martes, día 20 de setembro, ás 20.30 hrs, no Teatro Rosalía Castro, a XIIIª edición de Lúas de Outono, homenaxe anual a Manuel María. Edición a deste ano que terá unha especial lembranza de Saleta Goy, presidenta da Fundación Manuel María de Estudos Galegos e compañeira de vida de Manuel María, recentemente falecida.

O espectáculo central deste ano será a representación d’A lúa vai encuberta, con Tito Asorey, Melania Cruz, Vanesa Sotelo e Davide González, obra baseada na peza homónima de Manuel María e que leva cáseque cincuenta representacións desde que foi estreada hai un ano. A obra é un verdadeiro mestrado sobre a historia contemporánea de Galiza desde unha óptica propia, ao tempo que un chamamento á acción para a modificar.

Tras a representación teatral, Uxía Senlle cantará algún dos poemas que Manuel María lle dedicou á súa compañeira de vida, Saleta Goy, que o pasado sábado, día 10 de setembro falecía na cidade da Coruña.

A entrada para este espectáculo, que conta coa axuda e colaboración do Concello da Coruña e da Deputación da Coruña, é gratuíta mais é necesario reservar billete en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621. No caso de sobrar billetes, poranse unha hora antes do inicio do espectáculo na billeteira do teatro Rosalía Castro.

Foto portada: Lucía-R. Regueiro

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.