Avanza a bo ritmo a obra de remodelación do entorno do Mercado de Abastos

As obras de humanización da contorna do Mercado de Seixo están a avanzar a moi bo ritmo, coseguindo que se comece apreciar a transformación urbana do centro da parroquia. Este proxecto ambicioso é esencial para Seixo, tal e como se apunta desde o Goberno local.
Tal e como se recolle no proxecto, estase a reformular a rúa para que teña plataforma única, con uso prioritario de peóns e cunha plaza anexa a nivel que permita usos múltiples de ocio e desfrute do entorno urbano. En total, aumentarase o espazo peonil en máis de 800 metros cadrados. Tamén se renovarán a xardinaría, a sinalización e o mobiliario urbano.
O orzamento global do proxecto ascende a case 730.150 euros, dos cales 548.058,39 serán aportados pola Deputación de Pontevedra, a través do Programa ReacPon. O prazo de execución da obra será de 6 meses.

Unha segunda obra de humanización despois da mellora en Camiño Vello
Esta será a segunda gran obra de humanización que se está a levar a cabo en Seixo nos últimos tempos, despois da remodelación da Rúa Camiño Vello, na que se renovaron todos os servizos, ancheáronse as beirarrúas, púxose novo mobiliario e arborado e pavimentouse de novo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.