BNG Culleredo: “O Goberno municipal obstaculiza o acceso á información sobre a UA16 de Vilaboa”

“O Alcalde asina a convocatoria a última hora do venres, e non se disponibilizan electrónicamente todos os documentos existentes”

O vindeiro mércores celebrarase o Pleno Extraordinario sobre a situación da Unidade de Actuación 16 (UA16), en Vilaboa, que é motivo de varias causas xudiciais derivadas dos enganos sofridos polos antigos propietarios dos terreos.

Dada a grande complexidade do asunto a tratar, o volume de información é moi importante, e parte dela, contra o sinalado polo Regulamento de Ordenación Municipal (ROM), aínda non foi posto a disposición do conxunto de concelleiros e concelleiras da Corporación.

O artigo 73 do ROM sinala que «toda a documentación dos asuntos incluídos na orde do día […] deberá estar a disposición dos membros da Corporación desde o mesmo día da convocatoria na Secretaría da mesma. Calquera membro da Corporación poderá, en consecuencia, examinala e mesmo obter copias«.

Malia isto, a convocatoria faise a última hora do venres, sendo asinada polo Alcalde ás 14.45h., para así obstaculizar o exame da mesma durante o máximo tempo posíbel, e só se pon dixitalmente a disposición da oposición unha parte da documentación, tendo que acudir os membros da oposicion a consultar a documentación en papel ás dependencias municipais en horario de oficina e por tanto de traballo sen facilitar alternativas.

O BNG de Culleredo lamenta estes «trucos de trilero» do Sr. Rioboo, que parece non lembrar aquelas promesas súas de «restaurar a transparencia na administración municipal«, e demanda a posta a disposición por medios electrónicos de toda a documentación.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.