Ceos do Baixo Ulla | Observación astronómica en Valga

Asociación Cultural Os Penoucos e obaixoulla.gal, en colaboración coa Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, presentan a primeira edición de CEOS DO BAIXO ULLA, unha actividade que pretende converterse en anual, mais en diferentes emprazamentos nos concellos polos que discorre o río Ulla no seu treito baixo. A actividade será maña venres 23 de setembro en Valga e está dirixida a todos os públicos.

OBRADOIRO DE PLANISFERIOS

21:00 horas

Casa da Cultura de Ponte Valga

Elaboración e aprendizaxe do uso dun planisferio celeste como ferramenta idónea para recoñecer o ceo, a partir do material achegado pola Agrupación Astronómica Coruñesa Ío.

OBSERVACIÓN DO CEO A SIMPLE VISTA

22:00 horas

Parque Irmáns Dios Mosquera

Observación guiada do ceo a simple vista e con prismáticos a cargo de Martin Pawley da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío. Aprenderemos a recoñecer algunhas constelacións características do ceo de verán e a orientármonos coa axuda do firmamento. Veremos os planetas de primeira hora da noite, Saturno e Xúpiter, que están nun momento óptimo para a súa observación, e coa axuda dos prismáticos observaremos algúns obxectos de ceo profundo, como a galaxia de Andrómeda. Durante a observación iranse explicando cuestións científicas sobre o ceo enriba das nosas cabezas (tipos de estrelas, evolución estelar etc) así como diferentes aspectos da cultura e as tradicións asociadas ao firmamento.

Convídase ás persoas que asistan a que traian os seus propios prismáticos, se dispoñen deles, para a observación de obxectos de ceo profundo.

De noite baixan notabelmente as temperaturas, mesmo nos días do verán, e en particular nótase máis o frío ao estarmos de pé quietos nun espazo aberto, así que convén levar roupa de abrigo. É un erro común en días solleiros confiarse pola calor que vai pola tarde e crer que unhas horas despois poderemos aguantar ben coa mesma roupa. Sempre é preferíbel levar roupa de máis que de menos. Levar algunha bebida quente pode ser útil a certas horas.

Para gozar ao máximo do ceo é necesario adaptar a visión á escuridade, polo cal debe evitarse o uso de lanternas, móbiles, faros de coches e outras fontes de luz. O uso de luces afecta a toda a xente que temos arredor, estragando a súa adaptación á escuridade. Non pasa nada por estar unha hora sen mirar as redes sociais! 🙂

+INFO

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.