Chega a Lugo a terceira edición do Encontro de Fanzines e Autoedición VAIA VAIA

VAIA VAIA desenvolverase a fin de semana do 24 e 25 de setembro na praza de Abastos

A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, presentou a terceira edición Encontro de Fanzines e Autoedición VAIA VAIA, unha proposta cultural que terá lugar a fin de semana do 24 e 25 de setembro. «VAIA VAIA é unha mostra cultural que propón explorar e descubrir o traballo artístico de particulares e asociacións de xieto participativo, colorista, amable e culturalmente aberto e activo», afirmou a concelleira de Cultura.

«Durante dous días Lugo acollerá unha feira do fanzine e da autoedición, unha reunión pública e aberta a todas as persoas interesadas nas publicacións independentes e autoxestionadas», explicou Ferreiro, que engadiu «con esta iniciativa queremos abrazar o amateur e abrir as portas ás creadoras de Lugo que aínda non se deron a coñecer ou que nunca se atreveron a participar nun evento destas características».

O punto de encontro principal de VAIA VAIA será o mercadiño de fanzines que se ubicará na praza de Abastos. Ao mesmo tempo, organizaranse distintas actividades para abarcar contidos que supoñan mergullarse na linguaxe da ilustración, a creación literaria, o grafismo e as artes visuais. Tamén se contará con distintas actuacións musicais para completar a programación do evento.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.