Chega hoxe a TVG ‘Non lle chames amor’

O programa, producido por Nortideas SL e presentado pola psicóloga e sexóloga Raquel Graña, estréase hoxe, e percorrerá toda Galicia en limusina para falar de sexo sen tabús

Este mércores chega ao prime time de Televisión de Galicia Non lle chames amor, un novo formato talk show producido por Nortideas, SL e presentado pola psicóloga e sexóloga Raquel Graña que percorrerá toda Galicia en limusina para falar de sexo sen tabús.

‘Non lle chames amor’ busca a empatía, a tenrura e a risa cómplice a través dun formato interxeracional que sirva para escoitar a realidade do sexo. Cada programa conta cun tema principal e tres convidados que subirán á limusina para contar as súas vivencias amorosas e sexuais. Canto sabemos en realidade os galegos e galegas sobre sexo?

“Conversarase sobre emocións, sentimentos e sexo. Son conversas interxeracionais que rachan cos estereotipos da idade; de persoas que falan de amor e de sexo con liberdade, cada un desde a súa perspectiva dunha época ou dun lugar. Tivemos uns convidados de luxo. O programa é o que é grazas a eles que foron capaces de contar as súas intimadades ao redor do sexo”, sinala Raquel Graña, psicóloga e sexóloga que se inicia neste programa como presentadora e que xa conta con máis de 700.000 seguidores na súa canle de YouTube, ‘Íntimas Conexiones’.

“Queremos tender pontes emocionais  cos espectadores a través da narración de  anécdotas e experiencias que marcaran a vida das  persoas.” –asegura Raquel Graña- “Desde a súa educación sexual, ás súas  mellores e peores experiencias, as cousas que  tiveron que facer para ter sexo ou a relación familiar  en torno á sexualidade, por exemplo. Ademáis haberá moitas preguntas nas rúas do lugar onde nos atopemos para coñecer canto sabemos en realidade os galegos e as galegas sobre sexo”.

Orientación sexual na Mariña Lucense

Na primeira entrega de “Non o chames amor” tratarase de definir con claridade o concepto de  orientación sexual. Para iso, a psicóloga e sexóloga, Raquel Graña, viaxará ata a Mariña Lucense na procura de viaxeiros dispostos a nos contar as súas experiencias e anécdotas sexuais máis íntimas e interesantes. Como se verán a sí mesmos en relación ao sexo os mariñaos?

Os protagonistas deste primeiro programa serán Carlos, Concha, Cristina e Javi. Carlos, un conquistador que dará boa conta do número de relacións que mantivo ata o momento; Concha e Cristina, separadas por case medio século, que achegarán as súas visións e experiencias ao redor do sexo desde as súas respectivas idades; e Javi, máis coñecido polo seu nome artístico, Marisa Prisa, unha drag queen recén saída do reality galardonado con 19 premios Emmy “Drag Race España”! Unha persoa moi especial! Tanto que vale por dúas!

Arranca a limusina de ‘Non lle chames amor’!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.