Cinco obras de compañías galegas conforman o ciclo de teatro Sen Numerar do Fórum Metropolitano

A programación desenvolverase do 30 de setembro ao 18 de novembro

Cinco obras teatrais, representadas por outras tantas compañías galegas, conforman a programación de outono do ciclo Sen Numerar, do Fórum Metropolitano. As representacións serán os venres ás 21.00 horas.

O ciclo comezará o 30 de setembro e desenvolverase ata o 18 de novembro. A venda anticipada de entradas farase a través da web www.ataquilla.com e no despacho de billetes da praza de Ourense, de luns a venres de 11.00 a 15.00 e de 16.30 a 19.30 horas. Poderanse adquirir tamén unha hora antes de cada espectáculo no Fórum, sempre que queden entradas dispoñibles.

Os prezos das entradas son de 9 euros para o público en xeral e de 7 euros para as persoas desempregadas, as maiores de 65 anos e as titulares do Carné Xove.

Con este ciclo, o Fórum Metropolitano volve abrir as súas portas para obras de teatro de pequeno e mediano formato para, desta maneira, seguir consolidando públicos, a través dunha programación de teatro en galego que conxuga variedade de estilos e postas en escena con música techno, teatro contemporáneo e monólogo.

A programación está especialmente centrada na comedia; coas compañías galegas Funboa, Abismo Caracol, Empatía Teatro, Mofa&Befa e Matrioshka Teatro, que desenvolverán os seus espectáculos os días 30 de setembro, 14 e 28 de outubro e 4 e 18 de novembro. Trátase dunha programación elaborada polo IMCE e cofinanciada pola Xunta de Galicia a través da Rede Galega de Teatros e Auditorios.

Entre os espectáculos previstos figura a obra coa que Mofa & Befa celebra o trinta aniversario da súa creación, cunha representación estruturada en forma de sketches. Tamén destaca a presenza de intérpretes destacados, como é o caso de Manuel Manquiña.

PROGRAMACIÓN CICLO SEN NUMERAR FÓRUM

● 30 de setembro, 21.00 horas: Technocracia, de Funboa Teatro, dirixida e interpretada por Cristina Balboa.

● 14 de outubro, 21.00 horas: Esas cousas marabillosas, de Empatía Teatro, dirixida por Avelino González e interpretada por Elisardo de la Cruz.

● 28 de outubro, 21.00 horas: Todo nunha noite, de Abismo Caracol, dirixida por Darío Autrán e interpretada por Manuel Manquiña e Angela Andrada.

● 4 de novembro, 21.00 horas: Mofa & Befa. Pirolíticos, de Producións Teatrais Excéntricas, dirixida por Clara Gayo, con Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira.

● 18 de novembro, 21.00 horas: Comando Comadres, de Matrioskha Teatro, dirixida por Gena Baamonde e interpretada por Chelo do Rejo.

Máis información

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.