CNT. As traballadoras das Galiñas Azuis e servizos de maiores do Consorcio galego de IeB reinician a folga con mobilizacións por toda Galicia

Tras varios intentos de reunirse coas autoridades competentes a Sección Sindical da CNT no Consorcio Galego de Igualdade e Benestar anuncia un endurecemento da presión na folga, que comeza de novo este próximo luns, día 5. Dende o sindicato propoñen un calendario de accións e medias de presión que pode ser ampliado segundo a propia vontade das traballadoras.

No último mes o número de Alcaldes, políticos de todas as cores, familias usuarias e artistas varios estanse solidarizando coas traballadoras do Consorcio, que denuncian un ERE de mulleres nun servizo claramente feminizado. No Consorcio traballan aproximadamente 1500 persoas, das que o 90% son mulleres, motivo polo que, pensan, están tendo un trato desfavorecedor á hora de convocar os procesos selectivos.

As traballadoras, que entraron en moitos casos fai 15 anos, alertan do desmantelamento encuberto do servizo «O desmantelamento dos equipos de traballo afectará gravemente a servizos moi sensibles, por tratar directamente con grupos de poboación vulnerables, como o son a infancia e a terceira idade. A perda de capital humano é algo insubstituíble».

A folga que comezara o día 5 de setembro, abrangue 15 días mensuais ata decembro; do 3 ao 14 de outubro, do 2 ao 11 de novembro e do 12 ao 23 de decembro. As traballadoras lembran que están abertas á negociación para igualar o Consorcio a outros entes instrumentais nos que dende as xerencias solicitaron a Función Pública a convocatoria dun proceso selectivo propio

As reclamacións do persoal son a garantía dunha convocatoria única e específica, a garantía de oposición non eliminatoria, que se contabilice formación impartida polo propio Consorcio, a retirada do concurso de traslados, unha baremación xusta na – que a experiencia contabilice o 90% e que se contabilice a antigüidade no Consorcio o triplo que en calquera outra administración-

Calendario da folga do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar 

03/10/22 Vigo

17:00 Reunión Alfonso Rueda e Caballero (lugar por concretar)

04/10/22 Ferrol

8:30 Corte de tráfico na Avd Esteiro

05/10/22 Coruña

11:30. Reunión Alfonso Rueda con alcaldía. Corte de tráfico na Avda Salvador de Madariaga (Diante de novos ministerios)

06/10/22 Pontevedra

8:30. Corte de tráfico na rúa Padre Amoedo (diante do arquivo da deputación provincial)

07/10/22 Lugo

8:30. Corte de tráfico na rúa Ronda Muralla (diante do multiusos da Xunta)

10/10/22 Compostela

12:00. Concentración diante dos sindicatos.

11/10/22 Ourense

9:30. Reunión de Alfonso Rueda e alcaldía. Corte de tráfico na Avda da Habana (diante da delegación da Xunta)

12/10/22

Por confirmar

13/10/22 Compostela

11:00. Corte de tráfico na rua do Horreo (diante do Parlamento)

14/10/22 Compostela

11:00. Concentración nas portas do Consorcio.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.