Colas para facer reclamacións no UMAR do hospital da Mariña

A entrada principal do hospital da Mariña viuse desbordada de veciñas e veciños que acudiron ata o dispositivo móbil que a Plataforma coloca para facer reclamacións. O colectivo sanitario tivo que ampliar en media hora o seu horario habitual para poder dar redactar as reclamacións de todas as persoas que facían cola.
A maior parte das reclamacións recollidas nesta xornada facían referencia a agardas de entre ano e medio e tres anos para consultas de cardioloxía, neuroloxía e traumatoloxía ou para realización de probas radiolóxicas como ecografías.

Simultáneamente á redacción e rexistro de reclamacións, un segundo equipo de activistas encargábase de recoller as sinaturas para, a ILP sobre medidas urxentes para recuperar e fortalecer a Atención Primaria, que igualmente tiveron unha boa acollida entre as persoas que acudiron ao hospital.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.