Dani Vega: “Agradecemos á comisión polo esforzo que fixeron para facer posible unhas boas festas en Cedofeita”

O voceiro do PP en Ribadeo, Daniel Vega, destacou o esforzo que fixo a comisión organizadora “para facer posible unhas boas festas en Cedofeita”. O popular explicou que “en moitas ocasións non agradecemos o suficiente ás comisións o traballo que fan. En moitas ocasións reina o individualismo e nós o que queremos e que colaboremos entre todos”. Ademais, o popular quixo destacar que volven as festas a Cedofeita despois do parón pola pandemia.
Desde o grupo municipal popular “colaboraron coa comisión xestionando o orzamento para levar ás festas de Cedofeita grupos musicais como o cuarteto Xaramolo, a colocación da carpa e a cartelería para promocionar as festas.
“Sufragamos os gastos das festas nun momento de complicación onde non hai recursos. Creo que as administracións teñen o deber de dar un paso adiante para axudar neste momentos difíciles, por iso seguiremos xestionando o orzamento para seguir na labor de traballar por un Ribadeo mellor”, explica Dani Vega.