Dani Vega: “Agradecemos e felicitamos á comisión e á asociación de veciños de Cubelas por poñer en valor os nosos produtos”

A parroquia de Cubelas, no Concello de Ribadeo, acolle este sábado 17 de setembro a I Comida de produtos da horta e gandería do rural de Ribadeo. O voceiro do PP de Ribadeo, Daniel Vega, explica que “deuse un paso moi importante en beneficio de todos para poñer en valor os produtos gastronómicos de Ribadeo”.

O grupo municipal popular felicitou á comisión organizadora e a asociación de veciños de Cubelas pola idea, pois “non se quedaron nunha simple festa senon que tamén quixeron darlle un valor engadido aos nosos produtos locais”.

“Nós desde o principio quixemos colaborar e financiar naquelo que pediron e precisaban, e seguiremos nesta línea para potenciar este tipo de encontros e darlle un espazo aos produtos de proximidade” explica Dani Vega.

Programa

A xornada festiva comezará ás 13:00 horas coa misa solemne con procesión. A esta, acomapañarana o Cuarteto de Música Tradicional Xaramolo. Acto seguido será a sesión vermú co dúo Colimbo. Ás 15 horas será a comida cun menú composto produtos de Ribadeo. Tamén haberá inchables e actividades para os nenos e nenas e ás 21:30 será a festa remember dos anos 80 e 90 que contará con La Disquetera

Foto portada. Presentación I Comida de produtos da horta

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.