Elena Candia pide aos afiliados “traballo, humildade e argumentos na campaña do cambio para alcanzar o goberno de Lugo”

A candidata do PP de Lugo, Elena Candia, rematará esta semana a primeira fase da estratexia #ObxectivoLugo e cuxa folla de ruta é a de “traballar, man a man, cos afiliados para compartir as súas inquedanzas e buscar solucións e propostas que melloren as súas rúas, barrios e parroquias”.

Trátase, en definitiva, de reforzar a estrutura da formación no municipio, polo que apela “á unidade” e á “fortaleza” para encarar “con ilusión” as eleccións municipais.

Intenso traballo

Dende que foi proclamada candidata a alcaldable está desenvolvendo encontros individuais con militantes e colaboradores e, nestes últimos días, está programando, na sede do PP en Poeta Ramón Cabanillas, reunións de traballo máis numerosas que se organizan por distritos. A primera destas xuntanzas tivo lugar a semana pasada e foi cos colaboradores do distrito 1 que corresponde á zona centro de Lugo.

Os próximos encontros programados son:

  • Distrito 2: mércores 28 setembro (20.00 horas)
  • Distrito 3: xoves 29 setembro (20.00 horas)
  • Distrito 4: xoves 29 setembro (21.00 horas)
  • Distrito 5: venres 30 setembro (20.00 horas)

600 rúas e 54 parroquias

Con este cronograma abrirá o venres, día 30, a segunda fase de #ObxectivoLugo, que inclúe diferentes accións na rúa para percorrer antes do Nadal as máis de 600 rúas e 54 parroquias do municipio. “Un proxecto útil non se entende sen a participación e as propostas dos veciños. Eles e as súas necesidades son a base do meu proxecto”, conclúe.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.